No modelo que acabamos de construir, o globo unido á palliña representa o pulmón; o vaso de plástico, a cavidade pulmonar; e o globo que tapa o vaso, o diafragma:
Para simular a inspiración: tira do globo que tapa o vaso cara abaixo. O aire entrará pola palliña e o globo do interior do vaso, incharase.
Para simular a expiración: empurra o globo que tapa o vaso cara a dentro. O aire sairá pola palliña e o globo do interior do vaso desincharase.
Atréveste a fabricar o teu propio pulmón? Só necesitarás:
- 2 globos
- 1 palliña
- un vaso transparente
- silicona
- cinta illante
* Consello: incha o globo e déixao un tempiño así, antes de cortalo para facer de diafragma, senón non terá elasticidade suficiente para abarcar o diámetro do vaso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario