viernes, 19 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021 ( Fonte: manualidadesinfantiles.org)

 Despedimos o Entroido compartindo as máscaras tan chulas que fixemos este curso os alumnos/as de 4°A.

Tocounos decorar a Frankie, que aínda que non sexa moi atractivo, como din Alicia e Daniela, " es un buen tío". 

Agardamos que vos gusten.

Diego

Marcos e David

Rubén

Nico, Bruno e Matías

Lucía e Gabi

Paola

Daniela e Alicia


jueves, 11 de febrero de 2021

FABRICAMOS UN PULMÓN ARTIFICIAL (Fonte: Ed. Anaya. 4º de EP) Para velo en funcionamento pincha na foto.


No modelo que acabamos de construir, o globo unido á palliña representa o pulmón; o vaso de plástico, a cavidade pulmonar; e o globo que tapa o vaso, o diafragma:

 Para simular a inspiración:  tira do globo que tapa o vaso cara abaixo. O aire entrará pola palliña e o globo do interior do vaso, incharase.

 Para simular a expiración:  empurra o globo que tapa o vaso cara a dentro. O aire sairá pola palliña e o globo do interior do vaso desincharase.

    Atréveste a fabricar o teu propio pulmón? Só necesitarás: 

- 2 globos

- 1 palliña

- un vaso transparente

- silicona

- cinta illante

* Consello: incha o globo e déixao un tempiño así, antes de cortalo para facer de diafragma, senón non terá elasticidade suficiente para abarcar o diámetro do vaso. 



lunes, 8 de febrero de 2021

MENÚS SAUDABLES

 Se non tedes claro como organizar as vosas comidas esta semana, podedes botar un ollo aos deliciosos e equilibrados menús que elaboraron @s nen@s de 4ºA...

Bo proveito!






  
              



















martes, 2 de febrero de 2021

A ATMOSFERA E O CLIMA

 Presentación resumo do tema "A atmosfera e o clima" de Ciencias Sociais.

 Para axudar un pouquiño a comprendelo mellor...




lunes, 1 de febrero de 2021

Unidade Didáctica "Os Ríos"

 Outro traballiño máis realizado polos alumnos e alumnas de 4° A, neste caso, na materia de Ciencias Sociais



RESUMO TEMA 5 SOCIAIS