Despedimos o Entroido compartindo as máscaras tan chulas que fixemos este curso os alumnos/as de 4°A.
Tocounos decorar a Frankie, que aínda que non sexa moi atractivo, como din Alicia e Daniela, " es un buen tío".
Agardamos que vos gusten.
Benvid@s tod@s ao meu blog! Comezou sendo unha ferramenta coa que compartir recursos durante o confinamento pola COVID 19 , e agora é o recuncho ao que acudo para compartir cos meus alumnos e alumnas, os nosos traballos e recursos favoritos. Este curso 2023/24, o grupo de Marina, está composto por 18 nenos e nenas, de 3º de EP. Bo curso para tod@s!
Despedimos o Entroido compartindo as máscaras tan chulas que fixemos este curso os alumnos/as de 4°A.
Tocounos decorar a Frankie, que aínda que non sexa moi atractivo, como din Alicia e Daniela, " es un buen tío".
Agardamos que vos gusten.
Para simular a inspiración: tira do globo que tapa o vaso cara abaixo. O aire entrará pola palliña e o globo do interior do vaso, incharase.
Para simular a expiración: empurra o globo que tapa o vaso cara a dentro. O aire sairá pola palliña e o globo do interior do vaso desincharase.
Atréveste a fabricar o teu propio pulmón? Só necesitarás:
- 2 globos
- 1 palliña
- un vaso transparente
- silicona
- cinta illante
* Consello: incha o globo e déixao un tempiño así, antes de cortalo para facer de diafragma, senón non terá elasticidade suficiente para abarcar o diámetro do vaso.
Se non tedes claro como organizar as vosas comidas esta semana, podedes botar un ollo aos deliciosos e equilibrados menús que elaboraron @s nen@s de 4ºA...
Bo proveito!
Presentación resumo do tema "A atmosfera e o clima" de Ciencias Sociais.
Para axudar un pouquiño a comprendelo mellor...
Outro traballiño máis realizado polos alumnos e alumnas de 4° A, neste caso, na materia de Ciencias Sociais.
Como remate a este curso, o alumnado de 3º de Primaria levou a cabo un documental, sobre animais en perigo de extinción. Agardamos que vos ...